Euskararen Etxea
                   
 
                 
 
 
 
Centro de Interpretación do Éuscaro


Situado no primeiro andar da Euskararen Etxea, este espazo está ambientado como unha estación de tren de forma que reflicta a viaxe do éuscaro a través do tempo, a súa historia e a súa evolución. Nos seus diferentes espazos, ofrece unha vasta información sobre a lingua vasca: orixes, xeografía, dialectos...

O obxectivo do Centro de Interpretación é proporcionar aos visitantes unha experiencia lúdica, mais sen esquecer o obxectivo pedagóxico e cultural da Euskararen Etxea.

 

 
 
Documento sin título
| | | |