| O Centro de Interpretación
do Éuscaro ten a intención de mostrar
ao público, de modo directo e agradable, unha
serie de contidos básicos sobre a lingua vasca:
| |
··> |
o valor integrador do éuscaro |
|
| |
··> |
os principais fitos da historia desta lingua |
| |
··> |
a súa riqueza dialectal |
| |
··> |
a súa viveza creativa e literaria |
| |
··> |
o valor da tradición oral |
| O obxectivo
do Centro de Interpretación está
ben definido: |
| |
··> |
proporcionar
aos visitantes unha experiencia amena
e ao mesmo tempo impresionante, sen esquecer o
obxectivo pedagóxico e cultural que nun
principio ten o edificio no cal se integra, a
denominada Euskararen Etxea ou Casa do Éuscaro,
localizada nunha zona ben comunicada de Bilbo.
|
O Centro de Interpretación
que presentamos agora puido desenvolverse de xeito satisfactorio
grazas á colaboración de diferentes patrocinadores,
entre os que se encontran as principais institucións
biscaíñas como a Deputación
Foral de Biscaia e o Concello
de Bilbo, ademais do Goberno
Vasco.
O Centro foi construído
a partir do concepto xeral de viaxe: A VIAXE
DA LINGUA VASCA a través do tempo. É
por esta razón que o Centro de Interpretación
foi ambientado como unha estación ferroviaria,
dotada de plataforma, un túnel, dous vagóns
e elementos decorativos en consonancia co ambiente deseñado. Para cada unha delas, é destinado
un andar do edificio coñecido como Euskararen
Etxea.
|
O primeiro andar, o Centro
de Interpretación do Éuscaro,
desenvolve especialmente o aspecto lúdico
e turístico, e o ambiente creado tenta
que o visitante se sinta como nunha estación
de tren, a Estación
do Éuscaro.
O viaxeiro entrará na estación
pola zona de recepción, tenda e billeteira,
onde se poderá recibir a información
pertinente, adquirir produtos relacionados co
Centro e participar
nalgunha actividade.
|
Desde aquí, o visitante poderá
acceder á plataforma da estación, deseñada
para mostrar interesantes contidos sobre a historia
da lingua vasca e un quiosco que contén publicacións
que informan sobre a cultura vasca.
Abandonando a plataforma, poderemos
acceder á zona dos vagóns. O vagón
n.º 1, denominado Euskara, Bat eta Asko,
móstranos a riqueza dos dialectos do éuscaro
e a existencia dun éuscaro estándar e
culto. O vagón n.º 2, chamado Atzo
eta Gaur, informa sobre a historia da lingua
vasca e a súa evolución en diferentes
aspectos desde a Antigüidade até os nosos
días.
Máis adiante, accédese ao Túnel
Audiovisual, cunha antesala na cal se mostran diferentes
contidos e unha sala onde se emitirá un audiovisual
sobre o éuscaro e a súa historia.
Finalmente, no segundo andar está
situada a zona denominada Mediategia,
a Mediateca do Éuscaro, onde se recolleu
a maior parte da produción multimedia do éuscaro,
de grande interese para os especialistas e euskaltzais
en xeral.
Desexamos que a viaxe que inicia no Centro de Interpretación
do Éuscaro sexa do seu agrado..
|